Vento e chuvia

Vento e chuvia

EAN:
9788499145754
Ano de edición:
Materia
LITERATURA XUVENIL: MAIS DE 12 ANOS
ISBN:
978-84-9914-575-4
Páxinas:
152
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
280
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LIBROS SINGULARES

Desconto:

-5%

Antes:

24,00 €

Despois:

22,80 €
IVE incluído

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos,  os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que  viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e  das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o  real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes  é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.

Outros libros do autor en La Tienda de al Lado

  • Vento e chuvia -5%
    Titulo del libro
    Vento e chuvia
    Nº 13
    Gago Mariño, Manuel
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos,  os deuses conviviron cos homes, bebero...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €

  • O anxo negro -5%
    Titulo del libro
    O anxo negro
    Gago Mariño, Manuel
    A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,50 €22,33 €

Materia en La Tienda de al Lado