O home de pau

O home de pau

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023570
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-357-0
Páxinas:
104
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

14,00 €

Despois:

13,30 €
IVE incluído

Xosé Neira Vilas, escritor de recoñecido prestixio, dende que en 1961 publicara Memorias dun neno labrego, e autor dunha extensa obra literaria que abrangue dende a prosa narrativa, a poesía, a outros textos de investigación ou testemuña, incorpórase ó catálogo da colección "Narrativa" de Xerais cun fermoso libro de relatos O home de  pau. Os quince contos que compoñen O home de pau ("O home de pau", "Coches", "Unto", "Casa", "O parvo", "Alameda", "O xigante Med", "Folga", "Papeis", "Babel S.A.", "Fumes", "Decibelios", "Cadelandia", "Anuncios" e "Reloxos") foron escritos ó longo do ano 1988 en La Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993 e recuperados na súa versión definitiva no comezo do presente ano.A pretensión de Neira Vilas con tales fabulacións é reflexionar sobre o previsible destino das cidades actuais e das xentes que nelas moran. Quince historias urbanas, que son outras tantas alegorías sobre algunhas das eivas crónicas que padecen tódalas cidades do noso tempo.  Cidades concibidas como labirintos de arames, signos, letreiros, fochas e moreas de entullo entre os que resoan frenlas de motores, bruídos de camións-matafogos e dos outros, laios de lixeiros coches policias, ou de ambulancias que roñan agoirentas para gañarlle unha carreira á morte. Cidades nas que viven homes de pau, chantados na esquina de entrerrúas, vendo e non vendo todo o que acontece. Cidades que medran ceo arriba e beira a beira, con tropezos e miserias eito, nas que cadaquén vai ocupando a súa cova, o seu tobo. Cidades nas que foron a menos o aire e a luz e a ledicia de vivir.A súa complexa brevidade, a prosa limpa e depurada, a investigación léxica sorprendente, o experimentalismo alegórico na construcción das tramas,  apoiado no expresionismo das magníficas ilustracións de Siro López, fan de O home de pau, unha das máis orixinais e valiosas aportacións dun dos clásicos da narrativa galega.

Outros libros do autor en La Tienda de al Lado

  • Cartas de vellos amigos. 1959-1998 -5%
    Titulo del libro
    Cartas de vellos amigos. 1959-1998
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Un documento de excepción pola personalidade dos correspondentes e polo seu valor como testemuño dunha parte ...
    No disponible

    31,50 €29,93 €

  • Memorias dun neno labrego -5%
    Titulo del libro
    Memorias dun neno labrego
    Neira Vilas, Xosé
    Do castro
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Memoria da emigración -5%
    Titulo del libro
    Memoria da emigración
    Neira Vilas, Xosé
    Do castro
    No disponible

    13,00 €12,35 €

  • Arredor do mundo -5%
    Titulo del libro
    Arredor do mundo
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    O mundo en que vivimos é "ancho e alleo", como alguén dixo, mais tamén  é estreito e noso, segundo o ollemo...
    No disponible

    18,00 €17,10 €

  • Memorias dun neno labrego -5%
    Titulo del libro
    Memorias dun neno labrego
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis  traducido da literatura galega. Memo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €13,30 €

Materia en La Tienda de al Lado

Xerais en La Tienda de al Lado

  • Flanagan Flash-Back -5%
    Titulo del libro
    Flanagan Flash-Back
    Ribera, Jaume;Martín, Andreu
    Xerais
    Xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado  que se celebra en Barcelona, uns días ...
    No disponible

    13,80 €13,11 €

  • Noites de papel -5%
    Titulo del libro
    Noites de papel
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Recolle dezanove relatos, a maior parte deles breves, que foron merecedores do Premio Café Dublín de Narrativ...
    No disponible

    11,70 €11,12 €

  • Viva a Comuna! -5%
    Titulo del libro
    Viva a Comuna!
    Meixide, Carlos
    Xerais
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de Par...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,50 €23,28 €

  • O coello Federico -5%
    Titulo del libro
    O coello Federico
    Miranda, Xosé
    Xerais
    O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha  lebre e máis dun reiseñor. Farto de c...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • S/T -5%
    Titulo del libro
    S/T
    Nº 42
    Pedreira Lombardía, Emma
    Xerais
    Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o e...
    No disponible

    14,50 €13,78 €