O camiño de abaixo

O camiño de abaixo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822817
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-281-7
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Desconto:

-5%

Antes:

18,95 €

Despois:

18,00 €
IVE incluído

Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da "Asociación de Artistas Ceibes" da Coruña. Falecido prematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súa obra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición, prepararada por Raimundo Patiño, dÆ O camiño de abaixo, trece contos que, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentro da "nova narrativa" galega. A presente edición dÆ O camiño de abaixo, preparada pola profesora Teresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de  Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce  contos da primeira edición de 1970, así como as tres narracións engadidas na edición de 1985 ("Disquisicións dun señorito en materia de relixión", "O neno" e "o traxe aldeán". Completan o volume un apartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobre a figura de Xohán Casal, que este volume recupera. O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena "longa noite de pedra"; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era o instrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace  dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital, expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez. Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo, nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos e pola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor. Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxa existencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporciona un correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.

Outros libros do autor en La Tienda de al Lado

Materia en La Tienda de al Lado

Xerais en La Tienda de al Lado

  • Orelliñas vai de compras -5%
    Titulo del libro
    Orelliñas vai de compras
    Berner, Rotraut Susanne
    Xerais
    Magníficos volumes en cartoné, con cantos redondeados, destinados aos rapaciños rapaciñas de 2 anos en dian...
    No disponible

    6,70 €6,37 €

  • Poesía Completa Lois Pereiro -5%
    Titulo del libro
    Poesía Completa Lois Pereiro
    Pereiro, Lois
    Xerais
    «O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa e...
    No disponible

    16,65 €15,82 €

  • Álvaro e Álvaro -5%
    Titulo del libro
    Álvaro e Álvaro
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Alvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun fur...
    No disponible

    12,50 €11,88 €

  • O caderno de Roque -5%
    Titulo del libro
    O caderno de Roque
    Nº 365
    Taboada, Carlos
    Xerais
    A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a pe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • Dialectoloxía da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Dialectoloxía da lingua galega
    Fernández Rei, Francisco
    Xerais
    ¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas ...
    No disponible

    25,70 €24,42 €