Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Desconto:

-5%

Antes:

32,10 €

Despois:

30,50 €
IVE incluído

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en La Tienda de al Lado

  • Vidas post-it -5%
    Titulo del libro
    Vidas post-it
    Zúñiga, Iolanda
    Xerais
    Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lecto...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • Irmán do vento -5%
    Titulo del libro
    Irmán do vento
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. &...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • A tribo das baleas -5%
    Titulo del libro
    A tribo das baleas
    González Fernández, Helena
    Xerais
    A tribo das baleas é unha mostra panorámica do máis indicativo, interesante, prometedor e axitador da poesí...
    No disponible

    22,40 €21,28 €

  • As aventuras de Guauguau -5%
    Titulo del libro
    As aventuras de Guauguau
    Gaspar Porras, Silvia
    Xerais
    No disponible

    7,60 €7,22 €

  • A cura en Troia -5%
    Titulo del libro
    A cura en Troia
    Heaney, Seamus
    Xerais
    A adaptación que Seamos Heaney realiza da obra de Sófocles, "  Filoctetes " , nesta nova en...
    No disponible

    10,10 €9,60 €