A identidade fronte á rede

A identidade fronte á rede

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023822
ISBN:
978-84-8302-382-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

17,25 €

Despois:

16,39 €
IVE incluído

Luís Alvarez Pousa constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación nesta fin de século, cando se experimentan transformacións derivadas da globalización e da emerxencia das identidades. Os medios contribúen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, á conversión das identidades colectivas étnicas en identidades colectivas nacionais.Velaí por qué a clásica definición socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definición sociocomunicacional. As portas do terceiro milenio, a construcción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporánea é sobre todo un espacio de comunicación. Sobre esta hipótese está estructurado o corpo ensaístico de A identídade fronte á rede.Cando a información se converte en materia prima para calquera tipo de desenvolvemento, un proxecto nacional non pode ter éxito a menos que consiga que se institucionalice o seu espacio de comunicación, contando coa estructura mediática que no seu día fora política, cultural e socialmente lexitimada, e tamén cos novos e tecnoloxizados soportes. Galicia tamén pode ser un espacio de choque fronte ás estratexias de concentración nas que a sociedade da información descansa todo o seu poder homoxeneizador.¿Están os medios de comunicación galegos en disposición de aproveitar este potencial subversivo nesa dirección? Escudriñar con perspectiva galega ese proceso de confrontación entre a  identidade e a rede é o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexión.

Outros libros do autor en La Tienda de al Lado

Xerais en La Tienda de al Lado

  • Males de cabeza -5%
    Titulo del libro
    Males de cabeza
    Alonso, Fran
    Xerais
    Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q) -5%
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q)
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible

    15,95 €15,15 €

  • O reino medieval de Galicia -5%
    Titulo del libro
    O reino medieval de Galicia
    Andrade Cernadas, Xosé Miguel
    Xerais
    Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de espe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €

  • Vigo, abella da ribeira -5%
    Titulo del libro
    Vigo, abella da ribeira
    Bragado, Manuel
    Xerais
    «Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Poderosa 3 -5%
    Titulo del libro
    Poderosa 3
    Klein, Sérgio
    Xerais
    Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda. Nesta tercei...
    No disponible

    13,80 €13,11 €