Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
 IBD

Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874577
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8487-457-7
Páginas:
186
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

17,50 €

Despues:

16,63 €
IVA incluido
Comprar

O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en  verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.
A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais  de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período.
Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certas críticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos, lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio  González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira.

Otros libros del autor en La Tienda de al Lado

Materia en La Tienda de al Lado

Laiovento (ibd) en La Tienda de al Lado

  • CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
    Xosé A. Fernández Salgado
    Laiovento (ibd)
    CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS.Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII.Neste ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,60 €17,67 €

  • O CABALEIRO DA ROSA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O CABALEIRO DA ROSA
    Wladimir Dragossán
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €9,50 €

  • FIN DE FESTA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    FIN DE FESTA
    Diana Varela Puñal
    Laiovento (ibd)
    Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen ?existe?? N...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    8,00 €7,60 €

  • A industria galega dos curtumes
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A industria galega dos curtumes
    Claudio Otero Eiríz
    Laiovento (ibd)
    Título: A industria galega dos curtumes.Subtítulo: Pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro.As fábricas d...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €23,70 €

  • Ninguén dorme
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Ninguén dorme
    Rexina Vega
    Laiovento (ibd)
    Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €13,30 €