Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9782-668-6
Páginas:
240
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,00 €

Despues:

17,10 €
IVA incluido

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros libros del autor en La Tienda de al Lado

Materia en La Tienda de al Lado

Xerais en La Tienda de al Lado

  • Derradeira escolma ferida -5%
    Titulo del libro
    Derradeira escolma ferida
    Lueiro Rey, Manuel
    Xerais
    Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e co...
    No disponible

    21,95 €20,85 €

  • Dúas bágoas por Máquina -5%
    Titulo del libro
    Dúas bágoas por Máquina
    Nº 373
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Cando Xusta fixo seis anos, recibiu da súa familia un agasallo moi especial: un can, ao que lle puxeron o nome...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Viaxe por Galicia -5%
    Titulo del libro
    Viaxe por Galicia
    Borrow, George
    Xerais
    «A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventurei...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €13,78 €

  • A sombra cazadora -5%
    Titulo del libro
    A sombra cazadora
    De Toro, Suso
    Xerais
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para tod...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €

  • Pontevedra nos anos do medo -5%
    Titulo del libro
    Pontevedra nos anos do medo
    Ãlvarez Castro, Xosé
    Xerais
    Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo  céntrase na represión levada a cabo ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,95 €22,75 €