A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
 IBD

A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873341
Año de edición:
Materia
ECOLOGIA Y MEDIO AMBIENTE
ISBN:
978-84-8487-334-1
Páginas:
222
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

17,00 €

Despues:

16,15 €
IVA incluido
Comprar

A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO
O desenvolvemento do sector eólico en  Galiza (1995-2011)

Neste libro, a autora analiza e contrasta as políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nos principais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidos e o Estado español), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como en enerxía eólica offshore.
Centra o seu estudo na caracterización do marco normativo desenvolvido en Galiza desde o ano 1995 até a actualidade, analizando as diferentes etapas en función da normativa en vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas  etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do goberno bipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico do actual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades de cada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada  en Galiza, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de  Galiza, en que a participación de empresas de capital estranxeiro é notabelmente significativa e superior á das empresas de capital maioritariamente galego.
Galiza converteuse nunha potencia eólica, un territorio que serviu de campo de probas a desenvolvementos posteriores noutros lugares, que transformou en parte o sistema enerxético galego e español e que modelou a paisaxe. Este papel destacado posibelmente se manteña no futuro, mais o prezo que houbo que pagar quizás fose demasiado alto.
O vento seguirá chegando aos montes galegos, mais o vento de Galiza xa non é galego e, de mantérense as circunstancias que o fixeron posíbel, non volverá a selo.

Materia en La Tienda de al Lado

Laiovento (ibd) en La Tienda de al Lado

  • A viaxe xeométrica de Domingo Fontán
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A viaxe xeométrica de Domingo Fontán
    Alberto Fortes López
    Laiovento (ibd)
    Cando estudante, Domingo Fontán (1788-1866) asistira durante dous cursos ás aulas de matemáticas sublimes qu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €17,05 €

  • MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    MANUEL MARÍA: ENTRE SANTOS E NAVALLAS
    Manuel Vidal Villaverde
    Laiovento (ibd)
    "Entre santos e navallas", porque Manuel María gustaba coleccionarnavallas que arestora adóitase dicir de "mu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,80 €14,06 €

  • Tres poetas en estado de alarma
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Tres poetas en estado de alarma
    Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negr
    Laiovento (ibd)
    TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMAAutores: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro e Vítor VaqueiroE no medio d...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,94 €14,19 €

  • Fin de festa
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Fin de festa
    Varela Puñal, Diana
    Laiovento (ibd)
    Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,60 €10,07 €

  • O PODER NA CORUÑA
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O PODER NA CORUÑA
    Manuel Monge
    Laiovento (ibd)
    OPODER NA CORUÑA.de Vázquez a Negreira: Un traxe á medida da especulaciónEduardo Rego, sociólogo e profeso...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    36,00 €34,20 €