O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

Descompte:

-5%

Abans:

20,60 €

Després:

19,57 €
IVA inclòs

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais a La Tienda de al Lado

  • Trobadores e xograres -5%
    Titulo del libro
    Trobadores e xograres
    Resende, Antonio
    Xerais
    O historiador António Resende de Oliveira dedicou unha longa carreira de investigador ós estudios sobre os as...
    No disponible

    23,00 €21,85 €

  • Fidel Castro. A miña vida. -5%
    Titulo del libro
    Fidel Castro. A miña vida.
    Ramonet, Ignacio
    Xerais
    Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet, publicado en  Cuba co título Cien horas con Fidel, ...
    No disponible

    29,95 €28,45 €

  • A volta o mundo en 80 días -5%
    Titulo del libro
    A volta o mundo en 80 días
    Verne, Jules
    Xerais
    No disponible

    8,00 €7,60 €

  • CORREDORA -5%
    Titulo del libro
    CORREDORA
    Nº 169
    Reimóndez, María
    Xerais
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era corre...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • FÓRA DE SI -5%
    Titulo del libro
    FÓRA DE SI
    Nº 422
    De Toro, Suso
    Xerais
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,95 €18,00 €