A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Pàgines:
176
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

Descompte:

-5%

Abans:

14,00 €

Després:

13,30 €
IVA inclòs

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Altres llibres de l'autor a La Tienda de al Lado

Xerais a La Tienda de al Lado

  • Renacer -5%
    Titulo del libro
    Renacer
    Paz, Xabier
    Xerais
    Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interio...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

  • Quen me quere adoptar? -5%
    Titulo del libro
    Quen me quere adoptar?
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS -5%
    Titulo del libro
    O TRAPECISTA DA MALLA DE ROMBOS
    CANAL, ALBERTO
    Xerais
    Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchach...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,50 €16,63 €

  • Lingua 5. Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua. -5%
    Titulo del libro
    Lingua 5. Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua.
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,09 €12,44 €

  • GALICIA EN BUS -5%
    Titulo del libro
    GALICIA EN BUS
    Nº 54
    Reimóndez, María
    Xerais
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colect...
    No disponible

    14,50 €13,78 €